6.12.06

Profundidade

Por certo que estes 20.000 artigos é unha cifra pra estarmos contentos. Na lista das linguas mundiais somos a 35ª, por diante doutras coma o grego, o tai, o vasco e o vietnamita, ou case igualados co árabe. Anotaría porén dous datos que, se ben non son preocupantes, axudarían a mellorar a calidade da nosa galipedia:
• Somos unha wikipedia con pouca profundidade, é dicir, os nosos artigos edítanse poucas veces dende que se crean. Temos un nivel de 11, o dinamarqués 24, o catalán 14, o portugués 36 e o inglés, claro, 212. Cantas máis veces editemos os mesmos artigos, e cantas máis persoas os editen, máis e mellor complexidade terá a galipedia.
• En relación co anterior. 20.000 personaxes, lugares, asteroides, ou grupos de música teñen o seu artigo, e iso é fantástico, pero faltan (temos que facelos, tes que facelo ti tamén) artigos máis relacionantes, artigos que poidan servir de camiño de navegación, artigos sobre conceptos, sobre épocas, sobre estilos. Son os máis complexos?? abofé. Pero era só pra falar de retos (parabéns!!)

1 Comentarios:

Blogger Galipedia dixo...

"...pero faltan (temos que facelos, tes que facelo ti tamén) artigos máis relacionantes, artigos que poidan servir de camiño de navegación, artigos sobre conceptos, sobre épocas, sobre estilos..."

Concordo con Xabier que nesa liña queda moito por facer e resulta prioritario crear e mellorar ese tipo de artigos.

3:33 p. m.  

Publicar un comentario

<< Portada